Política
O acordo tomouse por unha estreita marxe, tan só un voto de diferencia no seo da xunta local do partido Popular, no trannscurso dunha reunión á que asistiron 24 dos 30 integrantes da actúal xunta local do partido no Carballiño, que preside Guillermo Fernández Feijóo. Na xuntanza puxeronse de manifesto dúas posturas, unha favorable á convocatoria inminente do congreso local do partido defendida polo grupo municipal có seu portavoz Argimiro Marnotes á cabeza, e a outra partidaria de retrasar a convocatoria, que apoiaron o actúal Presidente Guillermo Fernández e un sector da xunta. Por un só voto de diferencia impúxose a primeira das opcións, solicitar da dirección provincial do a convocatoria do congreso local do Partido Popular, que podería ser tan só cuestión de dias, de tal maneira que a súa celebración teria lugar entre os vindeiros meses de marzo ou abril. A esa convocatoria xa anunciou que se presentará Argimiro Marnotes, como candidato á presidencia local. Marnotes é ún dos secretarios executivos da xunta provincial do Partido Popular, que preside desde o pasado mes de xaneiro José Manuel Baltar.
O Concello de Leiro quere que as Consellerias de Cultura e Medio Rural se impliquen conxuntamente no "museo dos sentidos do viño", un proxecto arredor da cultura e o mundo do viño que se ubicaría no anexo do Mosteiro de San Clodio, no que son as ruínas existentes na parte dereita da entrada principal do Mosteiro. O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasaladou esta idea o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co que se reuníu no seu despacho de San Caetano. No transcurso deste contacto institucional entre ambos, o rexidor municpal de Leiro tamén recabou do mandatario galego o seu apoio para a recuperación das pinturas murais de san Clodio, e a rehabilitación do capela de San Pedro, sita na zona vella da vila de Leiro. O Alcalde de Leiro, manifestou en Cope O Carballiño que "foi unha entrevista moi cordial, e espero que moi proveitosa para levar a cabo os proxectos que tiven ocasión de expoñerlle, e estou seguro que vai ser asi porque o Presidente da Xunta sempre foi moi receptivo co Concello de Leiro". Fernández, tamén aproveitou esta visita a Santiago de Compostela para realizar xestións ante a Secretaría Xeral de Medios, e coa finalidade de solventar as deficiencias que se rexistran na implantación da TDT no ámbito municipal do Concello de Leiro.
A caída de tellas e anacos dunha cornisa na rúa Juan Pajariño deixaron ferida hoxe a unha persoa, unha rapazaque necesitou asistencia médica. No centro de saúde recibíu seis puntos de sutura na cabeza, non reviste gravidade.O suceso produciuse minutos despois das dúas da tarde. Desde o mediodia foron continúos e intermitentes os cortes no suministro eléctrico en toda a xeografia comarcal, incluida a propia vila do Carballiño, que rexistrou varios microcortes na rede eléctrica desde a unha e media da tarde. O temporal de chuvias e fortes ventos provocaron a caída de árbores sobre os tendidos, coas conseguintes averias na subminstración eléctrica.Tamén foron numerosas as incidencias no tráfico debido a caída de árbores nas vias públicas, sobre todo nas zonas de montaña, nos Concellos de Avión, Boborás, O Irixo e Cea. Protección Civil do Carballiño recibiíu avisos para retirar árbores caídos sobre a rúa San Cibrao e no Varón de Seoane. No Concello de Avión, o vento derrubou unha marquesina, e os Servizos Municipais de Emerxencias foron requeridos en varias ocasións. En Leiro, o rio Avia xa se desbordou nalgunhas zonas, e por ese motivo foi preciso evacuar a animais domésticos na localidade de Viete, para evitar que quedasen anegados pola auga. Según as previsións meteorolóxicas, o pior do temporal aínda está por chegar, a partir do mediodia deste vindeiro sábado 27 -dia de feira no Carballiño-, xa que están previstos refachos moi fortes de vento e chuvias persistentes, de intensidade localmente moderada, según avanza www.meteogalicia.es nas previsións para esta fin de semana.
Casa do Concello de Avión
O Auto supón un novo pronunciamento favorable para os intereses do Concello de Avión, no litixio que mantén có Concello de Carballeda de Avia polos lindes municipais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ven de dictar un novo Auto polo que desestima a solicitude presentada polo Concello de Carballeda de Avia de suspensión do Decreto da Xunta de Galicia, polo se resolvia o conflicto de lindes que enfronta a ambos concellos. Con esta decisión do TSXG, queda claro que desde o pasado 14 de febreiro de 2009 son de titularidade do Concello de Avión os terreos afectados polo deslinde, e tamén son propiedade municipal de Avión todas as infrastucturas e instalacións que se atopan nesta zona, como son o curro do Faro, a área de descanso e os 2 aeroxeneradores do parque eólico do Tea, que deixarán de tributar en Carballeda de Avia e pasarán a pagar os impostos no Concello de Avión. O conflicto pola titularidade desta propiedade tén a súa orixe na instalación dos postes eólicos, que reportan un importante beneficio económico, enfrontando desde entón ós comuneiros de Laceiras, localidade pertecente a Carballeda de Avia, cós de Cortegazas, que forma parte do Concello de Avión. Tras coñecerse hoxe o Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Alcalde de Avión, Antonio Montero declarou en Cope O Carballiño que "a pesar de todas as manifestaciós realizadas desde o Concello de Carballeda de Avia sobre este asunto, todas as resoluciós habidas atá agora sempre nos deron a razón".
O Concello do Carballiño contará este ano cun plan extratéxico para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que está a promover a concelleira nacionalista Aúrea Francisco, responsable da concellería de Igualdade e Benestar. Agárdase que nun prazo arredor dos seis meses poidan completarse os traballos previos, que servirán para facer unha diagnose e establecer as liñas de actuación posteriores, unha tarefa para a que foi contratada a consultora Sánchez-Albornoz, especializada en políticas de xénero e igualdade.En base a esa diagnose, elaboraráse posteriormente o propio plan de igualdade, que incluirá diferentes áreas de actuación, como serán os da propia administración, benestar social, cultura, deportes, formación e emprego, linguaxe ou violencia. O plan de iguladade no que se está a traballar -remarcou a concelleira- "non terá como únicas persoas destinatarias as mulleres, senón que tamén haberá que incluír actuacións para o conxunto da poboación, para homes, nenos e nenas, mozos e mozas, mulleres e homes, de todas as idades". No proceso de elaboración deste plan municipal de igualdade invitaráse a participar nos distintos grupos de discusión ás asociacións carballiñesas, e tamén se farán entrevistas ó persoal técnico e político do concello carballiñés.
O Concello do Carballiño aínda non dispón da cesión por parte do Bispado do mosteiro de San Pedro de Lobás, para poder optar ó 1% cultural, e poder levar a cabo o proxecto de restauración que os responsalbes municipais veñen anunciando nos últimos anos. O convenio que debe asinarse entre a institución municipal e a administración do Estado prevé que esta cesión sexa por un periodo de 52 anos, unha condición que non cumple o convenio establecido a principios dos anos noventa entre Bispado e Concello. O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, recoñecía que a dia de hoxe o Concello aínda non dispón desa cesión por parte do Bispado, paso previo e inprescindible para poder tramitar a solicitude ante o ministerio de cultura. O curioso, é que fai tres anos que o Concello do Carballiño ven anunciando a súa intención de acometer a obra de restauración do mosteiro a través da financiación do 1% cultural, incluso no seu dia o Alcalde viaxara atá Madrid para realizar xestións ante o ministerio na tramitación desta solicitude, e mesmo chegara a presentarse por parte do rexidor municipal un anteproxecto, que incluía -entre outras actuacións- a construcción dun pequeno auditorio, unha sala de exposicións permanente, un centro de interpretación do patrimonio da Comarca, e atá un servizo de hostelería para os visitantes.
A asociación ecoloxista considera que houbo manifestas irregularidades tanto na licitación da obra coma na posterior execución do proxecto, levado a cabo polo Concello do Carballiño na construcción da canceira muncipal. Según o grupo que lidera o activista Julio Fernández, non está claro que existese un proxecto do que se contratou, nin tampouco as modificacións feitas e as cantidades licitadas, polo que "temos indicios de serias irregularidades no manexo dos fondos que se concederon para estas obras durante o ano 2006, e a relación dos feitos parecen indicar o gasto de case 300.000 euros que deberían adecuar as intalacións á normativa, sen que tales fins fosen cumpridos". Os ecoloxistas tamén entenden que é moi sospeitosa a rapidez coa que se executaron as obras, que "permitíu que unha obra licitada en setembro de 2006, adxudicada en outubro e modificada en decembro, fora certificada e pagada nese mesmo mes de decembro de 2006". "Matar Por Matar Non" decide agora remitir toda a documentación da que dispón -non aclara qué tipo de documentación- á fiscalia de Ourense, e á vista de que "se están dando largas á tan cacareada comisión de investigación, aprobada por unanimidade no pleno do Concello do Carballiño de data 26 de marzo de 2009, ou sexa, hai case un ano e medio". Finalmente, o grupo ecoloxista recorda que "o único claro atá o momento é que a pesar de todo o diñeiro que se moveu, a maioria dos cans foron eliminados e tirados nun enorme burato nas instalacións da canceira". A obras da polémica, executadas polo Concello Carballiñés, foron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, durante o ano 2006, sendo daquéla o seu titular Pachi Vázquez.
Atá tres veces foron requeridos os servizos do Grupo de Intervención Rápida e Protección Civil do Carballiño, durante a xornada deste xoves dia 18 de febreiro, atá tres intervencións un intervalo de apenas 17 horas no casco urbano do Carballiño. O incendio máis grave, afectou de madrugada á tintoreria "La Única", na rúa Astureses,onde os danos materiais foron bastantes cuantiosos, e ademáis foi preciso desaloxar ós veciños da zona. Pola mañá, os servizos de emerxencia acudiron á rúa Maside, ante o aviso dun incendio nunha vivenda, que finalmente resultou ser unha falsa alarma. E finalmente, ás 8,30 das tarde recibiron un novo aviso, que daba conta dunha nova incidencia, desta vez no piso dun edficio da rúa Martinez Avellanosa, no número 39 desta rúa carballiñesa. O lume prendeu na campa extractora da cociña, da que saía unha densa fumeira que provocou a lóxica alarma entre a veciñanza. Tamén desta vez, a rápida intervención foi eficaz e evitou que o lume se propagase ó resto da vivenda. A Policia Local regulou durante media hora o trafico na zona para facilitar o dispositivo ós vehículos de bombeiros e emerxencias.
A colaboración cidadán foi clave para evitar males maiores, asi o destacou o xefe da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras. Foi un veciño quen unhos minutos despois das 3 desta pasada madrugada deu aviso á Policia Local e de inmediato procedeuse a mobilizar ós servizos de emerxencia e extinción de incendios, "pasaba por alí a esa hora e víu o fume como saía do local, de non ser polo aviso e a rápida intervención seguramente a esta hora estariamos falando dun suceso doutro alcalce", salientou o responsable da policia carballiñesa. O lume orixinouse no interior da tintoreria "La Única", sita na rúa Astureses, un establecemento que, pola súa actividde, utiliza productos inflamables. O incendio deuse por controlado en apenas media hora, participando nos traballos de extinción tres bombeiros de Protección Civil, que acudiron cunha motobomba urbana. Foron desaloxados todos os veciños, tanto do edificio afectado como dos colindantes, que regresaron ós seus domicilios con normalidade ó cabo dunha hora, sen que rexistrase ningunha outra incidencia.
Ningunha empresa optou a facerse coa concesión da explotación do novo balneario de Berán, ningunha oferta se presentou ó concurso público convocado pola Entidade Local Menor de Berán e a incertidume sobre o futuro destas instalacións balnearias non parece ter fin. Mentres nos últimos dias, o Presidente da Entidade José luis Rodríguez, e o vocal socialista Tomás Lorenzo culpábanse mutuamente do retraso na apertura do balneario, agora, a esta polémica, súmase o Bloque Nacionalista Galego, que reparte as culpas entre socialistas e populares. Luis Pérez "Ficol" denuncia "publicamente o bloqueo deste proxecto pola actitude intransixente e obstruccionista do vocal do PSOE, respaldado pola dirección provincial deste partido", e tamén fai responsable desta situación ó Presidente da Entidade Local Menor de Berán "pola actitude pasiva levada a cabo desde fai 2 anos, sen sacar nada de proveito para os veciños e veciñas de Berán". O portavoz nacionalista na Corporación Municipal de Leiro, recorda como "fai 2 anos había varias empresas moi interesadas no balneario, algunha delas contemplaba unha inversión superior ós 5 millóns de euros, e a creación de 40 postos de traballo, e agora nada de nada, en plena crise económica". Ficol considera ó vocal socialista como culpable "por non haber ningunha empresa interesada en poñer en funcionamento ditas instalacións, que foron construídas con cartos púlblicos". Por eso, considera o concelleiro do Bloque, "é o momento de esixir responsabilidades polo mal funcionamento da Entidade , pola mala xestión levada a cabo, e por deixar tan mal ó pobo de Berán e ó Concello de Leiro"
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- …
- seguinte ›
- última »