Deportes

O Arenteiro foi mellor que o Pontevedra en moitos tramos do partido pero tivo que conformarse cun punto na súa visita a Pasarón tras adiantarse no marcador cun gol de Jordan a balón parado e ver como en apenas 3 minutos despois igualaban os locais.
O Arenteiro tivo as súas oportunidades para adiantarse no marcador durante a primeira parte, que igual que unha semana antes en Madrid, desaproveitounas, mentres que o Lugo non fallou na primeira que tivo no último minuto da primeira parte.
O Arenteiro xogou unha soberbia primeira parte na que pasou por riba do filial madridista na súa histórica visita ao estadio Alfredo Di Stéfano na cidade deportiva do Real Madrid, unha gran primeira parte na que ao Arenteiro tan so lle faltou o gol, pero quen perdoa acabao pagando.
Fai apenas tres semanas o Arenteiro estaba afundido sendo colista e a 7 puntos da salvación na Primeira RFEF, agora os verdes despiden o ano derrotando 2-0 ao Osasuna Promesas, e aínda máis importante, fano con boas sensacións e en clara liña ascendente.
Segunda vitoria consecutiva dos verdes para seguir crendo, desta vez como visitante no Toralín e sendo moi superior á Ponferradina con marcador final de 1-3 a favor do Arenteiro.
A vitoria ante o Talavera son máis que tres puntos porque preto de tres meses despóis o Arenteiro volve gañar un partido que pode ser o do punto de inflexión para iniciar a remontada se quere seguir mantendo a ilusión de continuar sendo equipo da categoria de bronce do fútbol español.
A entrega e esforzo dos verdes, que viaxaron a Tenerife con importantes baixas por lesións e sancións no equipo, non tivo recompensa por culpa de un solitario gol que os canarios conseguiron nun córner cando estaba a piques de rematar a primeira parte.
A estrea de Jorge Cuesta como novo adestrador do Arenteiro trouxo consigo a segunda derrota da temporada en Espiñedo, segunda consecutiva e desta vez no partido de rivalidade ante o Ourense C.F. E a verdade é que non empezou mal o Arenteiro cunha aceptable primeira parte na que incluso viu como lle anulaban un gol por un máis que dubidoso fora de xogo.
O técnico vigués Jorge Cuesta toma o relevo á fronte do primeiro equipo, chegando a Espiñedo cunha traxectoria marcada pola formación de talento novo e a dirección de equipos galegos con personalidade propia. Formado en casa Celta, ésta é a súa traxectoria deportiva: 2024/2025 | Bergantiños FC → 35 encontros como primeiro adestrador 2023/2024 |
Os cachorros do Atletic Club impuxéronse ao Arenteiro nun partido no que os verdes volveron desperdiciar as súas oportunidades, desta vez nas instalacións de Lezama, a necesaria reacción faise esperar. Cronica do partido no diario Deia:

Páxinas