Deportes

Catro mil espectadores no estadio do Couto, a maioria do Arenteiro, gozaron dun ascenso histórico, nun partido que rematou 1-1 no marcador, suficiente para os intereses do equipo carballiñés. Outros moitos miles fixero a través da retransmisión da Televisión de Galicia, o equipo do Carballiño acada o seu maior éxito da historia, ascende á Primeira RFEF.
O Arenteiro gañou 2-1 aos burgaleses e queda pendente dos resultados de Avilés e Guijuelo deste domingo, xa que si ningún dos dous gañase, o Arenteiro sería xa campión matemático da Segunda RFEF e a falta de xogarse aínda 5 xornadas, se non fose asi habería que agardar ao próximo domingo no Couto para cantar o alirón.
Triunfo histórico do Arenteiro no Vero Boquete de San Lazaro por 1-3, que levou o éxtasis aos milleiros de afeccionados do equipo verde, tanto entre os desprazados ata Santiago como os que seguiron o partido a través da retransmisión da Televisión de Galicia.
A demanda de entradas da afección do Arenteiro para o partido deste domingo dia 2 de abril en Santiago de Compostela rebasou todas as expectativas e finalmente serán máis de 1500 afeccionados e afeccionadas verdes nas gradas do Vero Boquete de San Lázaro, un desprazamento masivo que fai historia na historia do club carballiñés.
O Arenteiro volveu a dar outro gran paso adiante para volver facer historia, ou o que é o mesmo, proclamarse campión da Segunda RFEF e ascender directamente á categoria superior, e fixoo tras derrotar ao Club Marino de Luanco ante preto de 2000 persoas no estadio de Espiñedo.
Arenteiro e Raio Cantabria empataron a dous goles no encontro xogado na matinal dominical santanderina, nun gran partido de fútbol no que os animosos 40 afeccionados dos verdes que fixeron 1.132 kilómetros para ver ao seu equipo, que estivo a unha gran altura, pero que as enormes intervencións do meta local impedíulle regresar a O Carballiño cun triunfo, tendose que conformar co empate.
Espiñedo case volve quedarse pequeno, con preto de 2.000 persoas para presenciar un triunfo máis do Arenteiro, desta vez a vítima foi un Laredo que acumulaba cinco partido sen encaixar un gol, ata que o conseguíu Pibe, suficiente para derrotar ao equipo cántabro e reforzarse no liderado da Segunda Federación.
O Arenteiro continúa con paso firme dominando con autoridade o grupo 1º de Segunda Federación, desta vez, nos Anexos do José Rozilla, os verdes impartiron unha lección maxistral de fútbol, superando ao talentoso Valladolid Promesas, que tanto so inquietou no primeiro cuarto de partido ata que o Arenteiro impuxo a súa lei.
Un gol de falta maxistralmente executada por Pibe no minuto 84 resolveu o partido a favor do Arenteiro ante un bo Palencia, un equipo moi ordenado e solidario que vendeu cara a súa derrota, demostraron os palentinos o por qué son -despòis do Arenteiro- o equipo menos goleado de toda a Segunda Federación.
O Arenteiro adiantouse o principio da segunda parte cun golazo de Pibe, que enganchou un zurdazo que sacou as tearañas da escadra da portería local, e mantivo a vantaxe no marcador ata preto do final, ata o minuto 84, cando o Avilés estableceu o empate, que sería xa o resultado final.

Páxinas