Deportes

Francisco Fernández "Paco Cachorro" decide poñer punto e final como presidente de Club Deportivo Arenteiro "cuestións personais, non poder dedicarlle o tempo que esixe a presidencia do club" é o motivo que manifesta para deixar o club, tras exercer un ano como máximo responsable da xunta directiva.
A área de Deportes do concello do Carballiño abrirá a partir da primeira semana de xuño as pistas polideportivas para a práctica do pádel e do tenis, anexas ao pavillón Paco Chao. Por este motivo, a partir do luns, 1 de xuño, poderanse solicitar quendas para o uso destas pistas.
Punto e final á tempada para o Club Deportivo Arenteiro, xa é oficial, a RFEF da por cancelada a competición na terceira división, non haberá descensos e xogarán un playoff exprés os catro primeiros clasificados na xornada na que quedou suspendida a liga.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, promove a iniciativa Adestra #NaCasa, un espazo dentro da páxina web da propia Secretaría, unha ferramenta que nace das reunións que o Goberno galego está a manter cos responsables do tecido deportivo galego sendo os técnicos do Centro de Tecnificación Deportiva os pioneiros no seu uso.
A Deputación de Ourense, na súa estratexia de apoio á cidadanía nos diferentes ámbitos sanitario, social, deportivo e de servizos fronte á pandemia do coronavirus ( Covid-19), lanza un programa de adestramento deportivo denominado "En forma", a través de Internet, que ten como obxectivo favorecer o mantemento activo de toda a familia nestes días de confinamento no domicilio.
A idea é manter unha rutina coas distintas actividades diarias e planificar os días intentando seguir un horario nun orden lóxico, facer unha série de exercícios físicos básicos para manter unha condición física axeitada e funcional.
A alerta sanitaria deixou en suspenso todas as competicións deportivas, e despóis a declaración do estado de alerta, motivou unha absoluta incertidume sobre o futuro de todas as competicións, e mesmo fálase xa como o máis probable que se dea por rematada a tempada.
No fútbol quen ten ocasións e non mata os partidos remata sufrindo e pedindo a hora, e esto foi o que lle pasou ao Arenteiro para conseguir a cuarta victoria do curso en Espiñedo ante o equipo de As Pontes, que no último suspiro do partido perdoou o empate.
O grupo de goberno socialista renuncia desta maneira ao proxecto que anunciara dias atrás para instalar céspede sintético no terreo de xogo do Estadio Municipal de Espiñedo, e a corporación decide aprobar a proposta do Partido Popular, que conservará a herba natural.
Non sabemos en qué posto acabará o Arenteiro a tempada, pero si aventuramos que conseguirá un record en canto a número de empates, con este da Estrada xa son 14 en 26 partidos, e aínda quedan 12 para que remate a competición.

Páxinas