Deportes

O centrocampista Adrián Cruz, procedente do Pontevedra, no que xogou o último ano, convértese na primeira fichaxe do CD Arenteiro para reforzar o seu plantel cara o súa histórica participación na 2ª División RFEF. 
O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral.
O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
Os seis equipos galegos -Arenteiro, Coruxo, Arousa, Bergantiños, Compostela e Pontevedra- votaron a outra opción presentada pola RFEF, que sería cos equipos de Cantabria, pero por un voto de diferencia impúxose a opción que inclúe aos galegos cos equipos madrileños.
O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.
As Escolas Deportivas de Maside eo a Fundación RCDeportivo organizan o 2º DEPORcampus, unha oferta formativa e lúdica arredor do fútbol, que terá a súa sede no campo de fútbol Outeiro Grande de Maside, do 28 de Xullo ao 2 de Xullo.
Trala paréntese do 2020 debido á pandemia, o concello de Piñor volverá celebrar o seu Rallymix, proba oficial  puntuable para a modalidade mixta da Federación Galega de Automobilismo, será os dias 26 e 27 deste mes de Xuño, sábado e domingo. 
O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra.
Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda  RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.

Páxinas