O Arenteiro elimina ao Zamora CF e sitúase a un so partido para volver recibir en Espiñedo a un equipo de primeira división na Copa do Rei. Aquí tes o video-resumen do partido.

5, Outubro 2022

O Arenteiro está a tan so 90 minutos de volver facer historia e por segundo ano consecutivo recibir no Carballiño a un equipo da primeira división, para elo será necesario gañar o próximo mércores dia 12 en Espiñedo ao equipo canario Panadería Pulido San Mateo.

Noutra noite absolutamente máxica en Espiñedo onde volveu escenificarse a gran comunión existente entre o equipo e a afección, que acudíu en gran número, o Arenteiro conseguíu avanzar a cuartos de final da Copa Federación ao eliminar ao Zamora CF por 2-1 con goles de Manín e Germán Nóvoa.

Video resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-esta-a-un-partido-de-xogar-a-copa-do-rei