O Arenteiro recibirá o próximo mércores 19 ao histórico Real Unión de Irún nas semifinais da Copa Federación, tras superar ao San Mateo canario.

12, Outubro 2022

Festa en Espiñedo, no medio dun gran ambiente, para celebrar o triunfo ante os canarios da Panadería Pulido San Mateo, que clasifica ao Arenteiro para a Copa do Rei, e tamén ás semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único, o próximo mércores dia 19 no Carballiño ante o histórico Real Unión de Irún, equipo da Primeira Federación.

O rival dos verdes neste partido que, de gañalo, levaría ao club carballiñés á gran final da Copa RFEF, desputaráse o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro, en previsible horario das 20:30 horas. O equipo vasco militou en catro temporadas na primeira división e gañou o título de campión en catro ocasións da Copa de España, a prededente da actúal Copa do Rei.

No partido que ademáis era chave para recibir a un primeira división, o xogado na tarde deste mércores 12 en Espiñedo, o Arenteiro non fallou e goleou aos canarios por 3-0 con goles de Marquitos, Manín e Escobar.

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/13/arenteiro-goleo...

Video cos 3 goles do Arenteiro na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei