Deportes

O partido púxose moi pronto en contra dos intereses do Arenteiro porque aos 8 minutos adiantáronse os burgaleses, ainda asi o Arenteiro logrou o empate por medio de Iván Ramós, pero de novo ao borde do descanso os visitantes lograron volver poñernse por diante no marcador.
Outra noite invernal con choiva e frio en Espiñedo para ver un novo triunfo dos verdes, que foron superiores a un Sabadell ao que doblegaron con dous goles, un en cada parte e nun terreo de xogo que foi empeorando conforme avanzaba o partido.
Desta vez hai unamidade e os medios locais lucences ríndense ante un Arenteiro que foi moi superior ao Lugo aínda que o gol de Iván Ramos non chegou ata o minuto 58 de partido, merecíao xa moito antes nunha primeira parte primorosa do equipo de Javi Rey.
Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.
O equipo donostiarra, que perdía o liderato con este empate co Arenteiro, adiantouse cun 2-0 e foi mellor durante a primeira parte, a pesar de que o Arenteiro tivo ocasións para o empate, por exemplo se o árbitro pitase un clamoroso penalti na área local, increíble que un árbitro non pite algo asi.
Marquitos,Pibe e finalmente Luis Chacón fabricaron un gol de fantasía para adiantar ao Arenteiro no minuto 76 de partido, pero no 93 o Fuenlabrada logrou o empate definitivo a un gol, nunha tarde-noite infernal en Espiñedo, con choiva, vento e frio.
O Arenteiro continúa o seu idilio coa Copa do Rei e cun solitario  gol de Markitos no minuto 33 de partido foi sufiente para superar ao Real Avilés Industrial e clasificarse para a segunda ronda do torneo do "KO", que desputará xa como local e ante un equipo da Liga de Futbol Profesional.
O Arenteiro saíu en tromba ao municipal de Espiñedo neste partido correspondente á 10ª xornada do campionato de liga de Primeira RFEF e aos 3 minutos Miku marcaba o primeiro dos catro goles dos verdes ante o equipo charro, xa na segunda parte chegou a goleada cos tantos de Álvaro Ramón, Manín e Vicente Esquerdo.
O Arenteiro, que chegaba a León con ata seis baixa, entre lesionados e o sancionado Miku, fixo un digno partido no estadio da Cultural Leonesa, que se quedou cos 3 puntos co seu solitario gol no minuto 38 de partido, o Arenteiro intentouno na segunda parte, fixo un digno partido como mesmo recoñece a prensa local, pero non lle diu para puntuar.
Arenteiro e Sestao xogábanse 3 puntos moi importantes malia estar aínda na oitiva xornada do campionato por ser rivais directos no obxetivo da permanencia, e os verdes lograron superan aos vascos no útlimo minuto de partido, un triunfo para o equipo que máis o buscou nos 97 minutos de partido.

Páxinas