As rúas do Carballiño semellan unha zona de guerra

7, Xaneiro 2026

Bos días,

Quería deixar mensaxe para o rei do asfalto e os seus amigos do partido popular, que son ben coñecidos polas mesmas prácticas. As rúas do Carballiño semellan unha zona de guerra só apta para circulación de tanques, se non queres deixar os neumáticos e suspensións polo camiño. Ven sendo habitual na maioría das rúas do pobo pero xa chegamos ó punto que nin polas rúas do centro se pode pasar. Mismo en Martínez de Avellanosa, dende a rotonda da entrada ó pobo ata a rotonda do hotel Arenteiro é unha verdadeira partida de supervivencia na que no últrimo tramo como proba final tes que sortear tornillos das xuntas de ata 5-10cm de altura.

Agardo non ter que esperar a dentro dun ano, estratexia típica da dereita previa ás eleccións, para que empecen a extender chapapote ata os pés, que deso saben bastante.

Felices festas e aninovo a todo o mundo!