Cando a mentira xa sirve como argumento.

Hoxe nun dos momentos de debate intenso entre o señor Sebastian e o señor Gonzalo, o primeiro dixo que o contrato para cambiar as farolas da avenida do Balneario foi no seu momento redactado polo psoe moito antes de que o pp entrase a gobernar co pacto de "polo ben do Carballiño" e que agora o alcalde en funcions e o actual goberno tiña a obriga de executar dito contrato. Esto estaría ben si fose verdade pois me parece que o amigo Sebastian non contaba que alí tamén opina o señor Manuel. Manuel detallou que ese era un contrato menor, a cantidade do mesmo e que lle parecía que o mesmo fora redactado cando xa estaba formada a coalicción pppsoe. Como dato mata relato e Manuel, ao meu parecer, é de esa pouca xente que intenta informarse antes de opinar, tardou menos de dez minutos en dar a data na que se da a coñecer o contrato: noviembre do 2025. Eu que non é que desconfie de ninguén pero tamén me gusta saber as cousas busquei ese contrato na páxina que dixo o amigo Manuel e, claro, alí está o documento.
Vaia silencio máis incómodo se sinteu na onda radiofónica.É decir, si o señor Sebastian minte (de forma consciente ou inconsciente, pero minte) ao dar ese dato e non tendo el ningún cargo institucional dentro do pp, que non farán quenes nos gobernan tanto no concello como en outros sitios? Que non se malinterpreten estas liñas buscando acusar a Sebastian de ser un mintireiro nin moito menos, pero as veces cando se falan de certas cousas si non se coñecen datos o mellor é non decir nada e non intentar defender o indefendible pois pódese caer en que esteamos a contar cousas que carencer de total certeza,
Moitas gracias a Cope e aos tertulianos polo seu traballo e as súas opinións de todos os viernes.