O Arenteiro perdoa e paga cunha derrota no Di Stéfano ante o Real Madrid Castela.

4, Xaneiro 2026

O Arenteiro xogou unha soberbia primeira parte na que pasou por riba do filial madridista na súa histórica visita ao estadio Alfredo Di Stéfano na cidade deportiva do Real Madrid, unha gran primeira parte na que ao Arenteiro tan so lle faltou o gol, pero quen perdoa acabao pagando.

Os verdes, que sairon valientes e con ambición ante o combinado dirixido por Arbeloa, tiveron varias ocasións de gol pero fallaron na definición final, ou tamén podía decirse, encontrouse por dúas veces Ochoa cos paradóns do meta local, incluso viu o Arenteiro como o árbitro anuláballe un gol por fora de xogo que no campo, e tamén na revisión, ofrece moitas dúbidas.

Na segunda parte chegaron os dous goles locais, o segundo xa no minuto 90, antes co 1-0 o Arenteiro tivo outras dúas oportunidades para igualar o marcador, na primeira o cabezazo de Eliseo encontrouse cunha parada descomunal de Fran González, o mellor do seu equipo neste partido, e na segunda o longueiro negoulle o gol aos verdes.

Aquí podes ver as grandes paradas do gardameta do Real Madrid Castela, que sostuvo ao seu equipo no partido, Fran González:

https://as.com/futbol/videos/el-madrid-tiene-la-porteria-blindada-la-pro...

Cronica do partido no diario Marca:https://www.marca.com/futbol/real-madrid/2026/01/04/castilla-gana-courto...

Cronica do partido en La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-perdona-paga-real-madrid...