Política

25, Setembro 2012

A Consellería de Economía e Industria iniciou un  procedemento administrativo á empresa Estela Eólica debido ao incumprimento dos compromisos fixados no seu plan industrial asociado para a construción dun complexo de xestión de residuos.

No mes de Decembro de 2011 o Conselleiro de Medio Ambiente dera a coñecer que o municipio elixido era O Irixo, para ubicar a planta de tratamento do lixo para o sur de Galicia, unha ubicación e un proxecto industrial que xerou o rexeitamento de amplos sectores da poboación comarcal.

"A non xustificación dos investimentos requiridos nos prazos previstos, dentro da tramitación do concurso eólico, así como a non creación dos postos de traballo fixados ante a Comisión de Seguimento dos Plans Industriais, levou á comisión, seguindo a normativa relativa ao concurso, á apertura dun expediente por incumprimento", pon de manifesto a Consellería por medio dun comunicado informativo publicado na páxina web da Xunta de Galicia

Agora, iníciase un prazo de presentación de alegacións por parte da empresa e unha posterior fase de análise das mesmas por parte dos técnicos da Comisión de Seguimento na que se determinarán as medidas a tomar, según informa a Xunta de Galicia

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE ANUNCIA QUE SE OPTA POLA AMPLIACIÓN DE SOGAMA

O Titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, aproveitou unha comparecencia co Alcalde do Carballiño, no que se daba conta da sinatura do convenio para as obras de urbanización na contorna da Veracruz, para anunciar que - independientemente do expediente aberto a Estéla Eólica por parte da Consellería de Industria- a Xunta procederá á modifícación do Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que contemplaba a instalación dunha planta incineradora no sur de Galicia.

No seu lugar, a Xunta aposta pola ampliación das instalacións de SOGAMA en Cerceda, asegurou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

24, Setembro 2012

O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de San Xoán Laxas, no concello  de Boborás, o día 19 de setembro.

Resultaron queimados 3.000 metros cadrados de monte arborado e outros 3.000 metros cadrados de monte raso, según os datos facilitados pola Policia Autonómica, que deu conta da detención dun home, como presunto autor do lume.

O incendio produciuse, segundo as investigacións, nun camiño sito nunha zona forestal e as lapas estenderonse rapidamente pola contorna. Por estes feitos, foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Carballiño

24, Setembro 2012

A Comisión de Festas e os responsables da orquestra chegaron ao acordo de suspender a actuación este pasado domingo, debido ao temporal de vento e choiva.

As festas da Saleta desenvolvianse atá o domingo cunha gran afluencia de público, que tivo o seu momento álxido na verbena do sábado, non obstante as adeversas condicións meteorolóxicas condicionaron a programación festiva do domingo, cando houbo que suspender a procesión e tamén a actuación da Orquestra Panorama, por moitivos de seguridade.

Tras barallarse varias datas para o vindeiro mes de outubro, finalmente fiixouse a data deste xoves 27 de setembro, para a actuación aplazada o pasado domingo.

23, Setembro 2012

Pachi Vázquez fixo constar este compromiso por escrito nunha declaración que asinou ante os veciños que acudiron a un acto no Irixo.

Neste documento, presentado este pasado sábado no Grupo Escolar do  Irixo,  o candidato á presidencia  da Xunta  manifesta a súa “oposición radical” ao proxecto e a preocupación polas “graves consecuencias que suporía converter este concello no vertedeiro do sur de Galicia”.

Vázquez lembrou no Irixo que o proxecto está paralizado “porque os veciños e veciñas do carballiño, do irixo, e do Deza lles paramos os pes”. Aínda así, lembrou que “o actual goberno do PP non garantiu que non vaia reactivalo tras as eleccións autonómicas”.

Advertiu por tanto que “temos que asegurar o que vai pasar mañá” e por elo garantiu que “se eu teño responsabilidade de gobernar este país, nin no Irixo nin en ningún sitio de Galicia haberá incineradora”.

Comprometeuse por elo por escrito a anular este proxecto nos primeiros cen días de goberno, ademais de a esixir á empresa Estela Eólica, promotora deste proxecto, a presentación de novos proxectos industriais non contaminantes, que permitan crear o mesmo número de empregos, a anular o Plan de Residuos de Galicia “que prima a incineración e os vertedoiros de lixo”.  Vázquez avogou pola contra por aprobar un novo plan que estableza a prioridade da redución, revalorización, reutilización e compostaxe dos residuos sólidos urbanos.

21, Setembro 2012

A Orquestra Paris de Noia abríu na noite deste pasado xoves a programación festiva, que continúa ata o lúns dia 24.

A Praza Maior de Cea convértese no escenario das verbenas, o plato forte da programación festiva deseñada pola comisión de festas, que repite na organización por segundo ano consecutivo tras a exitosa experiencia do ano pasado.

O venres 21 actúa a Orquestra Philadelphia e "La Década Prodigiosa". O sábado 22 amenizan a xornada a Charanga Ardores e os Gaiteiros Melidaos, e na verbena alternarán a Orquestra Gran Parada e o grupo La Oca. Para o domingo están programados concertos da Banda de Música de Celanova, que ademáis acompañará a procesión e a misa solemne na capela da Nosa Señora da Saleta e na verbena estarán Panorama e Océano. E xa finalmente, o lúns estará en Cea a Banda de música de Arcade e a verbena contará coa Orquestra Olympus.

As festas da Saleta terán este ano un orzamento próximo aos 75.000 euros. As familias de Cea achegan a través das aportacións veciñais arredor dos 40.000 euros, algo máis de 20.000 euros esperanse obter como beneficios do bar da comisión de festas, completandose o orzamento coa cuota que abonan as atraccións festivas e outros ingresos que consigue a comisión de festas mediante a organización de diversas actividades. O Concello de San Cristovo de Cea achega unha subvención de 1.000 euros.

20, Setembro 2012

Pais e nais, acompañados cos seus fillos, fixeron o traxecto entre O Carballiño - a marcha partíu da rúa Curros Enríquez-  ata o colexio da Uceira, para reinvidicar ante Educación a continuidade do servizo do transporte escolar desde o casco urbano do Carballiño.

A convocatoria partíu da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, que esixe un compromiso por parte de Eduación para que se manteña o transporte escolar desde todas as paradas nas que na actualidade se recolle aos nenos.

Desde a ANPA amosaron a súa preocupación tras saberse que aos pais dos alumnos das paradas do Cacheiro e Os Catro Camiños foilles remitido un documento cara o funcionamento do servizo, o que provocou a preocupación da ANPA, ante a posiblidade de que se suprima o transporte escolar naquelas paradas que están a menos de 2 kilómetros de distancia do colexio.

O Alcalde do Carballiño manifestou coñecer a preocupación do colectivo de pais e confirmou "xestiós informativas ante a Consellería de Eduación, onde me aseguraron que non hai previsións de suprimir o transporte porque tampouco variaron substancialmente as circustancias de accesibilidade a dito centro".

 Marnotes remitiu un escrito á ANPA no que comprometese "por parte da Alcadia a defender sempre a importante e necesidade do transporte escolar, asunto que á vista do que se nos comunica desde a propia Consellería non corre perigo de eliminarse".

19, Setembro 2012

A Garda Civil do Carballiño cerrou unha invstigación de varias semanas procedendo a detención de 4 veciños do Carballiño entre os 25 e os 35 anos, e a un súbdito marroquino de 36 anos de idade.

Según a Garda Civil, son os presuntos autores de varios delitos de roubos con forza rexistrados nos últimos meses nos municipios de San Amaro e O Carballiño, concretamente un bar, unha panadería e 3 vivendas e adegas, onde se apoderaron de diverso material, desbrozadoras, bicicletas, motoserras, carburante e 1.500 euros procedentes da recadación obtida en máquinas rexistradoras.

Os detidos ocultaban os obxetos sustraídos nun monte próximo a O Carballiño, e posteriormente procedían ao seu intercámbeo co súbdito marroquino por hachis, por eso, éste último está detido como presunto autor de delitos de receptación e contra a saúde pública.

17, Setembro 2012

O Carballiño celebrou o dia do Patrón San Cibrao coa tradicional procesión do santo polas rúas carballiñesas, despois tivo lugar a misa solemne no Templo da Veracruz, presidida polo bispo da diócese de Astorga e veciño natural da nosa comarca, Camilo Lorenzo.

O bispo de Astorga recordou como precisamente nesta data da festividade do patrón cumplense 60 anos desde que a Veracruz celebrou a primeira misa na honra a San Cibrán, acontecía en 1952. Camilo Lorenzo tamén tivo unha lembranza para o gran promotor da construcción do templo, o párroco Evaristo Vaamonde e tamén palabras "para todos os que desde entón cuidan do templo e desta gran cidade que é O Carballiño".

16, Setembro 2012

A reunión celebrada este pasado sábado na escola de Punxín tivo unha numerosa asistencia, arredor de 120 veciños acudiron á convocatoria, o que representa o 14% da poboación deste municipio.

Na xuntanza acordouse por unanimidade declararse insubmisos no pago do recibo da auga ata que non se chegue a un acordo con Aquagest e o concello sobre as tarifas, ao entender os veciños que os prezos son abusivos e ademáis, non existen garantias sanitarias sobre o estado da auga que abastece algunhas localidades, como é o caso de Ourantes, onde as analíticas encargadas polos propios veciños desvelaron un alto grao de contaminación.

Os veciños que acudiron a esta reunión puxeron de manifesto o seu malestar tanto pola actitude da empresa concesionaria como do Alcalde do municipio "por negarse a negociar unha solución ante as demandas veciñais".

14, Setembro 2012

O lume declarouse as 23,30 horas do xoves 13 e deuse por extinguido ás 7 horas do venres 14, pola superficie queimada, representa o incendio máis grande no municipio carballiñés no que vai de verán.

As primeiras estimacións de Medio Rural apuntan a que o lume arrasou 34,8 hectáreas de monte arborado, nas inmediacións da localidade de Bertamil, nunha zona próxima á carballeira da Madanela. Nos traballos de extinción participaron 3 axentes forestais, 5 birgadas, 4 motobombas, 1 pala e o Grumir do Carballiño.

Dase a circustancia que na pasada semana, tamén en idéntico horario da noite, declararase outro incendio nas inmediacións da localidade de Arcos, aínda que daquéla a superficie afectada foi bastante menor.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política