Cinismo do PSdG

11, Outubro 2013

Como lector desta páxina quero denunciar a estratexia á que nos ten
afeitos o grupo socialista do Carballiño. Resulta tedioso, aburrido e pouco
edificante ver a sección de denuncias inundadas de queixas e ocurrencias do
PSdeG do Carballiño. Penso que este grupo político xa ten suficientes
medios onde poden difundir o seu adoctrinamento como para ter que aguantar
cada semana unha queixa, crítica ou ocurrencia que o único que pretende as
claras é transmitir unha ficticia sensación de cataclismo e unha
rudimentaria mensaxe de que os tempos nos que eles estaban todo se facía
ben. Os 16 anos anteriores ó actual gobernó gastouse alegremente o que non
se tiña en farolas, faroles e moita propaganda de autobombo, e deixouse unha
débeda descomunal cuxos intereses hai que pagar. Temos unha rede de
abastecemento e saneamento que reventa por todas partes,e obras acometidas
polo anterior goberno bipartito que empezan a dar a cara e amosar as súas
deficiencias. E o anterior goberno gastou unha burrada de cartos en cousas
como 800.000 euros dos arranxos das piscinas que quedaron peor do que
estaban, páxinas web de 24.000€, etc... Resulta bastante aburrido que o
plumilla do PSdeG do Carballiño pretenda aleccionarnos coa Lei Wert e que
non fale nada das declaracións do actual alcalde de Ourense e integrante da
executiva do PSdeG que dixo tal cual: "Ter colocada a miña filla no Concello
non é enchufismo porque é un contrato eventual e cando se vaia este goberno
irase a miña filla". En definitiva, que penso que a sección de denuncias
debería estar reservada para particulares que sufren deficiencias de
servizos, ou diferentes problemáticas que nada teñen que ver coa
propagación do ideario político. Os partidos políticos xa teñen medios de
sobra para difundir a súa doctrina.