CONTANDO A VERDADE SOBRE A SITUACIÓN DO IRIXO

30, Agosto 2023

Todo empezaba nun concello pequeno da provincia de Ourense de tan só 1477 habitantes. Unha veciña moi querida e coñecida por todala xente do Irixo por ser unha persoa agradable, simpática e respetuosa con todo o mundo, tanto no traballo coma na vida diaria emprendeu un novo camiño. 

 

Como ela di, non lle gustaba a situación que estaba vivindo o pobo donde ela se criou e naceu, por eso entre ela e unhos veciños/amigos máis decidiron fundar Xuntos polo Irixo, unha agrupación veciñal na que o seu principal obxetivo era en todo o posible, mellorar a calidade de vida do seu pobo e dos seus veciños. 

 

Na súa campaña viviron momentos bos e malos, traballaron moito, moi duro e de cara a xente para que confiaran neles (ao ser novos na política irixense). 

 

O 28 de maio foron as eleccións municipais nas que este partido acadou 3 concelleiros, facéndolle perder a maioría absoluta ao PP (cando levaba 28 anos obtendo maioría absoluta ano tras ano); pola contra o PSOE perdeu 1 concelleiro con respecto a outros anos (Iago Fariñas sabía perfectamente que de non ser por XPI nunca acadaría nin a alcaldía nin un posto mínimo no concello). 

 

Comezaron os pactos e a xente xa sabía, por ética, que XPI só quería pactar co PSOE (PSOE + PP é inviable) era a única opción para eles (non porque estivesen de acordo coas súas ideoloxías, se non porque no único que pensaban era na satisfacción dos veciños ao saber que Susana estaría gobernando), polo ende había que facer o posible para intentar chegar a un acordo. 

 

Con Iago e Rosa María imaxino que non foi fácil negociar porque todos no Irixo sabemos que Iago non é unha persoa que este por aquí a diario e á xente non lle transmite confianza e Rosa María Dalama un tanto do mesmo (ben se veu nas urnas o 28M). En cambio Susana contaba con 2 persoas bastante novas e emprendedoras que son Juan Manuel Villanueva e Tamara Civeira moi queridas en Loureiro e en Corneda. 

Ao meu parecer o PSOE debería estar bastante agradecido con XPI debido a que se levan unhas concelleirías moi agraciadas para traballar de cara as eleccións + 1 ano de alcaldía.

 

No primero pleno de investidura celebrado aquí no concello do Irixo, os integrantes do PSOE non levantaron a man para facer un goberno de coalición con XPI (vese que non chegaron a un acordo) quedando así como alcalde, gobernando en minoría, Manuel Cerdeira. 

Os veciños volveron a quedar desilusionados créendose todolos bulos que circulan por ahí incluídos os de Helena Iglesias (suposta veciña do Irixo a cal non ten nin idea do que esta ocorrendo neste pobo e adicase a redactar falacias nos seus escritos, querendo obter así un mínimo de protagonismo; propósito que non logra conseguir…dende aquí animoa a que siga facendo o ridículo).

 

Finalmente chegouse a un acordo XPI + PSOE, presentando unha moción de censura o 11 de agosto de 2023 para o alcalde (censurando os 4 anos que levaba, non a metade dos 100 días de gracia coma el di). 

O pleno presentando a moción de censura levouse a cabo este pasado 29 de agosto de 2023 no cal Susana foi moi breve cas suas palabras (deberíase haber extendido +), o discurso do ex-alcalde sobraba completamente e estaba fora de lugar e a contestación de Iago Fariñas estuvo axeitada. 

Ainda así os veciños que de verdade coñecemos a Susana, estamos moi orgullosos de ela e sabemos que vai traballar moito e o seu traballo desenvolverao xenial, como leva facendo na farmacia todos estes anos, e esperemos que Iago tamén faga bo equipo con ela e non entorpeza a xestión. 

 

En conclusión, máis adiante veremos como se desenvolve este novo equipo de goberno con todo o desorden, débedas e a falta de organización que deixa “Lito” no concello e tamén a relación dos dous partidos da coalición…