Do Grupo Municipal Socialista sobre a tardanza na obra de Curros Enríquez

16, Novembro 2013

Unha vez máis, e xa van moitas, a preocupación dun sector da poboación do Carballiño polas decisións que emanan do Concello volve a ser protagonista,  desafortunadamente de forma , a priori, innecesaria.

    Os comerciantes da rúa Curros Enríquez levan observando dende o mes de Setembro con desesperación como o inicio do proceso das obras que se van a levar adiante nese entorno dilata a súa posta en marcha unha e outra vez, sen xustificación nin explicación de ningún tipo. Esta obra, xa ven enquistada dende o seu inicio polo desacordo de moitos dos veciños e case todos os empresarios da zona coa proposta inicial que quixeron impoñer o alcalde,  Argimiro Marnotes e o seu concelleiro de Obras, Magín Daparte, quenes se viron abocados a recúar ante a presión social e modificar o seu proxecto inicial.

   A toda esa polémica, agora hai que sumar o feito de que o inicio das obras fose anunciado para cando finalizaron as festas do Setembro,despois  para primeiros de Outubro,  e logo,para primeiros de Novembro e o de que agora, a mediados de mes, aínda estean sen comezar.

  O problema que subxace de este feito  e a principal preocupación dos comerciantes desta rúa, que conta cunha grande actividade neste eido, ven dado polo feito que xa dende un principio puxeron en coñecemento do goberno municipal, a imperiosa necesidade de ter rematadas as obras para a importantísima campaña de Nadal.   Non fai falla saber moito de negocios para entender que a campaña das datas ás que nos referimos é de vital importancia para as tendas, e máis aínda nesta época de crise absoluta, na que esa época  do ano supón para moitos un relativo alivio ante a situación de precariedade xeral que se está a vivir día tras día.

   Xa é chamativa a promesa de que se pretendía rematar para o 17 de Decembro, pois é ben sabido que a campaña de Nadal comeza como mínimo na ponte da Constitución,  o cal denota a absoluta ignorancia de quen nos goberna con respecto a un sector de tanta importancia na nosa vila como o comercial, pero moito peor é a convicción que hoxe manteñen moitos dos veciños de Curros Enriquez, e que é a de que van a chegar a Noiteboa e máis adiante coa rúa vallada e co firme a medio colocar. Por non falar das mentiras verquidas con respecto ao cambio de tuberías, que agora parece que só se vai facer en parte, incumplindo unha vez máis unha promesa do señor alcalde. Recalcamos como moi importante este tema, xa que se  non hai unha aposta clara pola solución definitiva destes problemas e unha proposta en firme para o cambio de tuberías na súa totalidade tal e como  se reclama, estaremos continuamente enfrontándonos ao inconvintes xerados por facer as cousas sen vocación de solución integral e ao longo prazo. Xa estamos máis que acostumados aos parches e solucións provisorias deste goberno e xa é tempo de abordar os problemas con seriedade e sen recorrer a mentiras continuas.

   O perxuízo económico que toda esta dilatación no comezo das obras , pode supor para moitos deles (empresarios e comerciantes) é absolutamente inasumible e o Concello do Carballiño ten a obriga de evitar que esto aconteza, poñendo da súa parte todos os medios para que esto non suceda.

   Por todo elo, esiximos ao alcalde e ao concelleiro de Obras que fixen un plazo coherente para o fin das obras e que, por unha vez, cumpran coa súa palabra e non perxudiquen dunha forma tan ostensible aos empresarios locais que con moito esforzo están tentando sacar adiante os seus negocios na devandita rúa.

Por todo esto, dende o Grupo Municipal Socialista anunciamos, coma xa é o noso proceder habitual, que imos a requerir toda a documentación que sexa precisa relativa a esta obra e permanecer vixiantes a todos os pasos que neste sentido se vaian dando dende o grupo de goberno; tal é a nosa responsabilidade e obriga como representantes públicos.