Do PSdG sobre verquidos no río Arenteiro

21, Abril 2013

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello do Carballiño queremos denunciar os verquidos continuos no río Arenteiro ao seu paso pola parroquia de Arcos, na fosa séptica ubicada preto do Bañiño de Arcos. Recordamos que nesa mesma zona se atopa unha área de descanso e o máis grave de todo, unha fonte termal á que acoden frecuentemente os veciños da nosa Comarca polas súas propiedades minero-mediciñais.

 Instamos ao grupo de goberno do PP que subsane con urxencia estas anomalías , xa que estes feitos abondan no continuo abandono que este goberno somete a todo o Concello, pero especialmente no tocante ao noso rural, amosando unha grande falla de sensibilidade polo noso medio rural asi coma pola nosa riqueza natural, medioambiental e termal.

 

Reclamamos ao grupo de goberno que faga honra ao seu nome e comece a gobernar que xa levan dous anos de inexistente xestión municipal. Xestionar o público trátase precisamente deso, de protexer e traballar polos nosos recursos e non de privatizar todos os servizos públicos.