MULTAS DA HIDROGRÁFICA E EDAR CARRÁS

8, Decembro 2022

Estamos a ver nestes días que Espazo en Común está moi preocupado polas multas que recibe o noso concello e pagamos os contribuintes polos vertidos incontrolados o cauce do rio Carrás. Como cidadán, claro que non me gusta, non estamos a falar de poucos cartos para unha persoa de a pé e poderíanse facer cousas con eses cartos, pero a nivel político deixan moito que desexar. Para eles e máis interesante e fácil de quitar réditos electorais dicir que eses vertidos nos custan multas económicas e se quedan tan panchos, ca dicir que están preocupados por contaminar o río aguas a baixo do pobo. Por ahí tamén vive xente de ben, de onde pensan que quitan a auga potable concellos como Leiro? Xa non dígo nada dos pobos de San Fiz de Barón e Fontentiga que teñen que soportar o cheiro do río a carón da suas casas. Para quen non o saiba estes dous pobos tamén pertencen a Carballiño, e un último apuntamento, Fontentiga no ano 2022 segue sen alcantarillado e vertendo directamente o río.

Lémbrome da inauguración da EDAR no 2011 por Feijoo, e que os socialistas estaban moi ofendidos porque era mérito deles o seu logro, en clara alusión a ese Pachi (agora en Espazo Común) que fora conselleiro de Medio Ambiente (agora parece que lle gusta máis a economía ca ecoloxía). 

O que está claro é que culpa de todos os partidos que os veciños sigamos tolerando a situación lamentable da EDAR do Carrás, do PP de Marnotes, o PSOE de Fumega con Nogueira no partido, do PSOE de Fumega con maioría, de Espazo en Común, cos ex do PSOE como Nogueira e o super exConselleiro que tanto mérito quería ter na inauguración da EDAR pero agora non quere ver responsabilidades da sua época na Xunta. Do BNG non digo nada porque a verdade non están na realidade dos problemas dos veciños.