Ninguén confunde nada meu rei/raiña

23, Xaneiro 2023

Eu non pronuncie pra nada "censo electoral" senon Padrón municipal.

Analicemos o concepto:

El Padrón Municipal es un registro administrativo donde constan los vecinos del municipio. Su formación, mantenimiento, revisión y custodia corresponde a los respectivos Ayuntamientos, quienes deben remitir al INE las variaciones mensuales que se producen en los datos de sus padrones municipales. El INE, en cumplimiento de sus competencias, realiza las comprobaciones oportunas con el fin de subsanar posibles errores y duplicidades y obtiene para cada municipio la cifra de población. La Presidencia del INE, con el informe favorable del Consejo de Empadronamiento, eleva al Gobierno la propuesta de cifras oficiales de población de los municipios españoles referidas a 1 de enero de cada año, para su aprobación mediante real decreto, declarando así como oficiales las cifras de población resultantes de la revisión del Padrón municipal y procediendo a su publicación en el Boletín Oficial del Estado.

 

Entendido??

Estamos a 21 de xaneiro. Os datos nos que se basea o INE foron publicados o 1 de xaneiro de 2023. Serán os que se teñan en conta até o 1 de xaneiro de 2024 a efectos do INE, que é de onde se saca o titular que cualifico de capcioso porque induce a erros. E o que cualifico como tóxico é o de chegar a conclusións erróneas como as que vostede saca da lectura da miña denuncia. De ónde saca vostede que confundo Padrón con Censo electoral?

 

Agora vamos a analizar cales son os requisitos pra poder votar nun municipio. Non penso cansalo con normativa pero o prazo máximo de empadroamento pra que un cidadán español poda votar nas eleccións municipais de 2023 é o 30 de xaneiro de 2023. Póñolle un exemplo, un cidadán español que se empadroe no Carballiño a 31 de xaneiro  non pode votar no Carballiño terá que votar no municipio onde estivese empadroado o 30 de xaneiro.

 

Como vexo que non se atreve a poñer en dúbida o feito que en anos electorais prodúcese un baile de empadroamentos polos motivos expostos na anterior denuncia, non agardará vostede que estes empadroamentos se produzcan no mesmo día ou no mesmo mes. Os partidos correspondentes xa o foron facendo paulatinamiente, invitando a amigos e familiares. E todos aqueles que se fixeron até o 31 de decembro, computan no Padrón de 1 de xaneiro. 

 

O único no que vou a rectificar é na resta. Corríxoa, non sei en qué estaría pensando ao cometer tal erro. Quizáis nos saraos de Fitur, ou no polbo á brasa (116-87=29). En definitiva, un saldo poboacional positivo de 29 habitantes nun ano electoral, non invita a pensar que hai un cambio de tendencia poboacional. Pode vostede ser un optimista, ou pensar que se está fixando poboación cos saraos de Fituor ou o polbo a brasa, pero eu non son tan optimista.

 

Saúdos e saúde (prestoume moito o do polbo á brasa)