AS NOSAS ALDEAS

19, Novembro 2021

Estimado alcalde, teño o placer de comunicarlle que as aldeas existen, pero existen durante todos os dias do ano, non só cando hai eleccións. A xentiña que vive nestas aldeas son as que lle dan de comer ó Carballiño entre outras, e gustaríame que se lle fixese algo de caso, a aldea de Porto de Eguas leva desde o inverno pasado con farolas do alumeado público afundidas, os camiños sen limpar sobre todo o que vai a fonte, e o pilon da fonte leva anos perdendo auga polo cal nunca acaba de encherse, e está cheo de lodo. A pouca xente que vive na aldea é maior e o que non ten unha enfermidade ten dúas e ainda que queiran limpar eles o pilon  da fonte, e os camiños, non poden xq non llo permite a saúde, polo cal  gustariame que lles enviase un electricista e persoal para amañar a fonte. Sen máis despidese de vostede unha veciña da ALDEA.