O Concello de Piñor có deporte ?

1, Febreiro 2010

O noso alcalde presume nos medios do apoio do Concello de Piñor ao deporte. Onde está ese apoio? Non temos nin unha soa instalación deportiva no  concello, nin cuberta, nin ao aire libre. Neste sentido houbo unha  asociación de veciños que promoveu, xunto cunha asociación deportiva, a construcción dunha pista   polideportiva, para a que lle foi concedida unha subvención da Xunta. E o Sr. Fraga, no canto de colaborar e facilitar permisos e licenzas, o único que fixo foi por trabas. Por outro lado, hai varios equipos de fútbol sala do Concello que están a participar en competicións oficiais, e non reciben nin un só peso por parte do mesmo. E 
xa para colmo, esta mesma tempada votou a andar  a Sociedade Deportiva Piñor, un club de fútbol promovido por unha serie de veciños amantes deste deporte. Temos que xogar nun campo prestado ( Moitas grazas ao C.D. Cea, pola súa colaboración ), e non recibimos ningún tipo de axuda do Concello. De feito, o Sr. Alcalde non tivo nin a decencia de facerse socio. ONDE ESTÁ O APOIO DO CONCELLO DE PIÑOR AO DEPORTE?