OLLO AO SABLAZO NO RECIBO DO LIXO DA DEPUTACIÓN

8, Agosto 2025

Os avisos e cartas, nestes últimos tempos, da Deputación de Ourense sobre cambios no recibo do lixo rematou hoxe (en Punxín e supoñemos que noutros concellos pequenos da Provincia de Ourense).

En Resumen, en lugar de pagar 60.84 Euros unha vez ao ano, pasan a cobrar 19.98 Euros cada trimestre. Total 80 Euros anuales, un aumento de mais do 30%.

Neste artigo que enlazamos pódese apreciar o inxenio (cando queren) para disimular o indecente abuso, como cobrar de maneira trimestral en lugar de anual, esto copiado das elécricas que cobraban cada dous meses e para disimular o atraco pasaron a cobrar cada mes; establecer unha tarifa de 19,98 Euros en lugar de 20 como sería o honesto, ou mandar un escrito con frusilerias sin mencionar para nada o inmoral aumento de mais do 30% na taxa de lixo. Que o vai xestionar a deputación: grande novidade, as taxas dos pequenos concellos sempre foron xestionadas pola deputación.

 

Encima hai que pagar tódolos recibos pendentes do ano 2024 e os primeiros de 2025 en setembro. Todos xuntos, en lugar de cada tres meses como se viña facendo.

A disfrutar do votado.

 

https://acortar.link/zxpnSC