A que prezo?

13, Xullo 2021

Hoxe día 13 de Xullo temos 47 casos positivos na vila do Carballiño e 62 no total da comarca.

Hoxe fai 12 días que se abriu o ocio nocturno pouco tempo despois da relaxación das medidas propias desta pandemia, véxase a mascarilla, o toque de queda ou as limitación das reunións en grupos numerosos. 

Hoxe, todo parece indicar que máis cedo ca tarde volveran a pechar o pobo.

E se ben é certo que todos e cada un dos que residimos na vila temos algo de responsabilidade, é unha obviedade que algúns a teñen máis ca outros. Non quero caer ca criminalización da xente nova, porque igual que vexo os rapaces xuntos bebendo, vexo a xente adulta facendo o propio. Supoño que despois dun ano tan duro, todo o mundo precisa disfrutar o máximo para non rematar de volverse tolo.

Pero se hai algo que me resulta radical e absolutamente intolerable é que as autoridades pertinentes miren cara outro lado para que unhos poucos gañen cartos durante unhos días e os outros teñamos que sufrilas consecuencias duante o nos verán, durante as nosas vacacións. Négome a creer que a policía local situada a escasos 50 ou 100 emtros dalguns dos locales de maior actividade nocturna do pobo non sexan capaces de controlar a situación. Négome a crer que haxa lugares sen lei onde se poden xuntar decenas de personas sen mascarilla a beber e cantar sen ningún pudor ou vergoña.

Coma sempre, pagaremos xustos por pecadores. E coma sempre ninguén asumirá ningún tipo de responsabilidade. Porque se algo caracteriza ó Carballiño é a desresponsabilización a todolos niveles. E así nos vai, a segunda vila en importancia da provincia sen servizos públicos de ningún tipo, sen un nivel minimamente adecuado de limpeza ou orde e sumidos nunha mediocridade terrible na que únicamente se pensa nos bares e nas festas en lugar de xerar un lugar para vivir, asentar poboación e non ter que ser noticia única e exclusivamente por ter o dudoso honor de dar nome ó modelo máis restrictivo de medidas anti covid.