Que vergoña de firme temos nas rúas do Carballiño
Parece ser que xa queda moi pouco para a implantación no Carballiño da ORA,  
unha fonte máis de recadación para o noso querido concello. ¿Xa saben  
ónde van a invertir ésos cartos? Si non o saben voullelo a dicir eu: "A  
arranxar todos os coches dos veciños do Carballiño e visitantes".
Señor concelleiro de obras, se eu fose vostede daríame vergoña de ter as  
rúas que temos; ¡¡ As pobres teñen máis buratos ca un colador !!, que xa  
é dicir. Sen irmos máis lonxe diante do Mercadona hai un buraco que entra  
media roda nel,ademáis todas as alcantarillas están fundidas. Os nosos  
coches teñen a dirección desaliñada e as llantas raiadas e dobradas.
¿Qué mellor que invertir os cartos da ORA en arranxar as nosas rúas? Os  
nosos coches máis nos agradeceríamolo moito!!!