Ruidos e cánticos nocturnos

2, Decembro 2021

Onte a noite a eso das 12:00 máis ou menos ata as 12:145, aproximadamente, unha cafetería situada na rúa Mosquera do Carballiño puxo música a todo volume como se foran as festas do setembro. A cousa non quedou ahí, pois un grupo de mozos puxéronse a bailar na rúa principal diante deste local cantando, berrando e tocando silbatos a pesar da choiva que caía neses momentos.

Non sei se neste local había algún tipo de celebración, aunque semella que si, O que si sei, sen dúbida algunha, é que este desplegue musical acompañado polo griterío dos mozos que estaban de troula na rúa molestaron a base de ben aos veciños que viven nesta rúa, os cales teñen dereito a gozar de tranquilidade nas súas casas sen necesidade de ser incordiados por este tipo de celebracións festivas espóntaneas a unhas horas impropias para andar de esmorga.

Desgraciadamente, esta non é a primeira vez que pasa, pois nesta rúa xa se teñen producido incidentes similares. O que pasa é que hoxe é un local X o que se adica a poñer a música a todo volume e despois é outro local, chamélloslle Z, o que se adica a alterar a tranquilidade dos veciños poñendo a música alta como se fose unha berbena.

Hay certas horas que son para descansar e non para andar de carallada. ¿Non lles parece?.