Suba do IBI

25, Outubro 2013

Baixan soldos, quitan pagas extras, recortan prestacións na sanidade e
recursos no ensino e non contentos suben o IBI ( e dentro de pouco os
combustibles). Noutronte fun poñer a libreta do banco ao día e atopeime coa
agradable sorpresa de que o Concello xa me pasara o recibo da contribución.
Pareceume moito e cotexeino co do ano pasado: nada menos ca o 22% de suba.
Son uns desgraciados senvergoñas que nos afogan cada día un pouco máis.
Ata cando/onde imos aturar?