Terrazas de bares en zonas de aparcamento

21, Maio 2010

Parece que o Carballiño e o lugar onde cada quen fai o que lle peta, xa andamos como todolos anos, se non chega ven cos aparcamentos que van sendo eliminados polo concello, resulta que agora tamen os señores dos bares "aparcan" as suas mesas e sillas nos lugares destinados os vehiculos. Xunto a igrexa vella os coches mal aparcados o redor da igrexa e resulta que no sitio donde tiñan que estar os coches esta unha pedazo terraza (que non sei para que tanta mesa e silla porque xente nela tampouco se ve moita). ¿E os locales onde andan? igual e que fai moita calor e estan tomando algo nalgun bar dos arredores.