As veces, da vergoña ser do Carballiño
Antes de nada felicitar ós organizadores do "Plato de Pulpo máis
grande do Mundo", miña noraboa, porque no fondo da cuestión conseguen facer
que o noso pobo salga nos telexornais e en algunha que outra canle de Tv.A
verdade que non debe ser nada fácil organizar todo o que se monta na Plaza
Maior, contando coa pouca axuda tanto do Concello como de outras
institucións, solo estan finos para sair en directo na conexión do
informativo e na foto da Rexión.O que quería resaltar neste comentario é a
vergoña que da ver como toda a xente que acude a plaza, parece que lle
regalan billetes de 500 € ou que levan sen comer 15 días. Xente co prato
do ano pasado para non pagar o pulpo, levando a seis e a sete anacos de pan
para a casa, levandose anacos do pastel no bolso escondidos para repetir duas
veces, moitos saltandose o valado para arrabañar no pulpo e ver se saen na
Tv.Tanta miseria temos no noso pobo, pois parece que si...Moito me temo que
se non empeza a xestionarse ven esto vai rematar coma todo, morredo polo seu
propio peso.Hai que organizalo doutra maneira, non chamando ó Florindo para
que regale o pulpo, ou o Pedro para que traia catro caixas de viño e a
pancarta. En fin, que vendo o visto,sinto, pero da vergoña ser deste pobo.