Denuncias

Son 4 días laborais en ámbolos dous casos, nin mellorou nin empeorou. Estase a facer unha interpretación equivocada do calendario. Que eu saiba nin en Boborás, nin en ningún ambulatorio, o médico/a de familia traballa os sábados, domingos ou festivos. Para iso están os correspondentes PACs por zonas.
4 días non era pouco pero non era un exceso pero ahora xa Vai en 6 días,  en breve se superará a semana de espera, algo que non está nada nada ben, e noutros sitios ainda e peor, a sanidade pública sin sanidade nin pública en breve por desgracia 
Hai unha piedra de gran tamaño desprendida dunha vivienda deshabitada na Rúa Curros Enríquez, á altura dos catro camiños. Que corre serio risco de caer na beirarúa co perigo que esto supón. A quen corresponda, que tome cartas no asunto antes de lamentar unha desgraza.
Diante da nova do apedramento sufrido na sede do PSOE do Carballiño, dende o Bloque Nacionalista Galego desta localidade queremos manifestar a nosa máis rotunda repulsa por uns actos vandálicos que tan só amosan a covardía de quen os fai amparándose na noite e o anonimato.
Queixanse os de Boborás que teñen que agardar 3 días para ir ao médico. Pois no Carballiño de 9 días non baixa e para que por encima te atenda un médico que nin sequera é o teu. Así está a sanidade na comarca.
Agora no centro de saude en Boboras non hai citas ata o venres, canto sempre houbo dun día para outro, ahora son 4 días no futuro serán 5,6,7 ou o que toque, dende logo as cousas non están nada ben, ou a pinta polo menos boa non e, pode ese facer edificios espectaculares coma en Lalin pero se non te atienden de pouco vale.
O pasado 24 de Xuño saia a noticia na "Región" na que se falaba da reforma do antigo colexio do noso concello por 225.000 euros achegados por parte do goberno central. Ahí aparecia o noso ilustrisimo alcalde e o subdelegado do goberno en Ourense que se ía cambiar a cuberta, carpinterías, eficiencia enerxéticas.... e demáis.
Como información adicional, o tramo entre a rotonta da Fontela e a rotondilla do Alcampo estaba mal iluminado, sin señalización correcta de obras, nin se advierte que o tramo está sen pintar, e a sinalización vertical sen colocar.
O da rotonda do Alcampo víase vir. Pero non é algo novo no Carballiño. Estamos a costumados a facer ou mandar facer cousas fora da lei e despois toca indemnizar. É non hai máis porque a xente non denuncia. Esa nova rotonda é ilegal a todas luces e non cumpre as medidas mínimas de diámetro estipulado para rotondas dun carril. Igual que tampouco  cumpre as medidas mínimas a rotonda da alameda.
Ao enxeñeiro que proxectou semellante cousa debeulle quedar a cabeza ben descansada. É que nin centrada quedou. Ademais non sirve para que os autobuses e camions maniobren e den a volta. Os do equipo de goberno non din nada. Como puideron aceptar tal cousa. Todos caladiños.

Deportes

Gran ambiente de fútbol na matinal dominical de Espiñedo para un partido xogado con total deportividade tanto dentro como fora do terreo de xogo, con dous dúas afeccións amigas, O Carballiño e Pontevedra sempre fixeron boas migas.
O Arenteiro, que viaxou con varias baixas por lesión, non pudo repetir o resultado positivo da súa anterior visita a terras extremeñas e caeu derrotado no estadio Romano José Fouto de Mérida encaixando un gol no primeiro minuto, e cun accidentado final no que os verdes acabaron con 8 xogadores sobre o terreo de xogo.

Páxinas