Denuncias

Eu era usuario nos anos 90 e non recordo que tivera carencia ningunha nas instalacions. Frío no inverno e calor no verán non se pasaba desde logo, e sin embargo agora parece que ou morres de frio ou abafas de calor coa caldeira funcionando correctamente.
Estou dacordo co que din os outros denunciantes. O exceso de velocidade no sempre coñecida como avenida de estacion e alarmante e intolerable. O limite de 40-50 no no respeta naide. Nin os transportes pesados dos eolicos cando van baleios como dixo a outra persoa. E alucinante. Os radares están ben pero nos serven permanentemente nin todo o dia.
  Hai que ver a inventiva que teñen algúns " xornalistas" por chamarlles dalgunha forma, a hora de encher o papel do xornal. Eu lin a noticia na web, pero seguro que tamén está no xornal impreso. A verdade é que me diu a risa o lela, pero case pode pasar por un escritor de novelas basadas en feitos reais o que escribiu este artigo.
Acabo de leer outra vez a primeira denuncia e penso que o que escribe o primeiro denunciante queda BEN CLARO: pide que ha Policia Local EMPREGUE MÁIS o radar móbil que teñen na rua 25 de Xullo, non hai máis, penso que o entende todo o mundo.
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/desalojados-24-pasajeros-m...
Estrañame que o denunciante que escribe xusto enriba desta mensaxe pidan un radar movil para a avenida 25 de xullo. Supoño que sería un lapsus e o que pide e un (ou varios) radares fixos en toda a travesia da avenida estacion-25 de xullo ata a cruce de catro camiños.
Son veciño da avenida 25 de Xullo e hoxe houbo outro atropelo na miña rua. Por sorte e lendo as noticias a victima so sufriu feridas leves. Inda fai poucos meses houbo outro atropelo no paso de peons frente o coñecido como Edificio Fraguas. Xa fai tempo houbo un atropelo mortal nas inmediacións do cruce do atropelo de hoxe.
Triste a decadencia  do entroido na vila do Carballiño que se precipita vertixinosamente. Este è o resultado de centrar o entroido nun  desfile que depende da imclemencias meteorolóxica, sen ningunha outra iniciativa que incite a un entroido tradicional e participativo.
Maside, remata o Entroido e deixan os focos de alto consumo da carpa encendidos toda a noite do lúns. Chega a noite do martes e o mesmo. Total pagamos todos. A concellala esa que cobra non ten luces pra mandar que alguén apague as luces, ou é que vai a pachas con Elena Espinosa, Felipe González, Pedro Solbes, Borrell e o resto de sociatas conselleiros de eléctricas.
Ven sendo unha norma moi extendida o vicio dos politicuchos que falan como loros do saneamento das súas contas, o que según eles  lles permite até baixar o tipo impositivo do IBI, e bla bla bla. En primeiro lugar, pra desenmascarar estes impostores é preciso diferenciar o que é déficit/superávit, con respecto o que é débeda.

Deportes

A gran novidade da tarde foi a estrea por vez primeira en Espiñedo do sistema de videoarbitraxe implementado pola RFEF para a categoria de bronce do fútbol español.
Alzou o telón a liga 2025-2026 na Primeira RFEF, na que por terceira temporada consecutiva milita o Arrenteiro, e tamén por terceiro curso consecutivo os verdes comezan a competición con derrota.

Páxinas