Deportes

Asi o confirmaba a Deportes Cope O Carballiño o Presidente da entidade, José Antonio Cadavid, que sigue traballando na posible contratación doutros reforzos.
Outra derrota dos carballiñeses ante a súa afección, desta vez coa atenuante da desastrosa actuación arbitral, que perxudicou ao Arenteiro, con dous xogadores locais expulsados no segundo periodo, ademáis de premiar aos visitantes cun moi dubidoso penalti.
Dous goles conseguidos polo Verín C.F. no segundo periodo liquidaron ao Arenteiro da segunda ronda da Copa Deputación, en partido a eliminatoria única xogado no campo do José Argiz de Verín. Os carballiñeses volveron amosar a súa pior cara e quedan apeados da competición copeira, na que so lograron superar a primeira ronda ante A Peroxa.
Marín e Arenteiro, dous clásicos da categoria, xogaban no campo municipal de San Pedro un partido marcado polas necesidades, que resolveron os carballiñeses nunha boa segunda parte, dandolle a volta ao marcador.
Un gol na segunda parte valeu ao Gondomar para levarse os 3 puntos de Espiñedo ante un Arenteiro que continúa indo a menos nesta liga, na que os carballiñeses parecen decididos a instalarse en zona de descenso.
O Pontevedra B derrotou aos carballiñeses por 4-0, con dous goles en cada parte na quinta xornada de liga,  no partido xogado este sábado no sintético do Centro Deportivo da Xunqueira., nunha tarde de fútbol aciaga para os carballiñeses, que foron dominados de principio a fin polo equipo local.
O C.D. Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Ribadumia nun partido que foi gañando ata o minuto 80 e pudo incluso perder nos minutos finais, cando o equipo do Salnés dispuxo dun par de ocasións para levarse os 3 puntos.
O Arousa S.C. impuxose por 3-1 ao C.D. Arenteiro no partido xogado no campo municipal da Lomba de Vilagarcia, tras intensos 90 minutos de futbol por ambos equipos, con tres goles locais que chegaron noutros tantos desaxustes defensivos dos carballiñeses, que maquillaron o marcador cun gol de penalti transformado por Dabarca.
O Arenteiro tivo que remontar o gol do Mondariz F.C. que se adiantou no marcador cando se xogaban aínda os primeiros minutos do partido, logo, dous goles de Iglesias, ún que cada parte, deixaron os 3 primeiros puntos do campionato en Espiñedo.
No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.

Páxinas