Deportes

C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás.
Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela.
Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos.
O Arenteiro abre os partidiños de pretempada o venres dia 5 de agosto ás 8,30 da tarde enfrontandose no campo dos Remedios de Ourense o equipo do Pabillón, da liga nacional xuvenil. O xoves 11, no sintético da Uceira recibirá ao Sportig Celanova, e xa na víspera da festa do polbo, o sábado dia 13 en Espiñedo, presentaráse o novo Arenteiro ante o primeiro equipo do C.D. Ourense.
O futbolista carioca que chegara ó plantel de Espiñedo no tramo final da pasada tempada, e incialmente ía continuar formando parte do proxecto para a 1ª autonómica, xa está fora do Arenteiro.
A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel.

Páxinas