A páxina Web do Concello do Carballiño atacada por hackers musulmáns
Hoxe quixen facer unha consulta na páxina web do concello do Carballiño e  
pasmado e coa boca aberta me quedei cando ó entrar na devandita páxina do  
concello me atopo que esta páxina foi pirateada por hackers musulmans quenes  
tiveron a desfachatez de modificar a páxina web do concello poñendo unha  
foto dunha mezquita turca así como varios textos en inglés: un co nome dos  
piratas informáticos que hackearon a páxina web do concello do carballiño,  
un texto que sinalaba que pirateaban polo Islam e por Turquía e por último  
e para colmo puxeron na pirateada páxina web do concello un E-Mail de  
contacto para contactar con eles e a dirección dunha páxina web turca que  
acolle varios foros de debate. Eu non sei dende cando hackearon estes piratas  
informáticos a páxina web do concello, se dende esta institución municipal  
se presentou a pertinente denuncia na Garda Civil e sobre todo se pensan  
dende o consistorio carballiñés arranxar a súa páxina web e tomar medidas  
para evitar novos ataques de hackers. Respondan señores Montes e Amil.