O BNG do Carballiño denuncia unha tala e poda indiscriminada de árbores no Parque Municipal

26, Setembro 2025

O BNG do Carballiño denuncia unha tala e poda indiscriminada de árbores no Parque
Municipal, unha actuación que está a xerar unha fonda preocupación veciñal polo seu
impacto ambiental e paisaxístico.

Esta intervención non semella responder a ningún criterio técnico claro: foron apeadas
árbores aparentemente sanas, mentres que se deixaron en pé exemplares secos que
deberían ser tratados.

Ante esta situación, a formación nacionalista presentará por rexistro unha solicitude
formal de información para coñecer:

● Se existe algún criterio técnico ou estudo ambiental que xustifique a elección das
árbores apeadas e podadas.
● A identidade da empresa encargada da retirada da madeira, o seu destino final e o
valor económico da mesma.

Ademais, o BNG critica que a poda fose realizada en pleno mes de setembro, fóra da
época recomendada, poñendo en risco as árbores podadas, e sen ningunha urxencia
que a xustificase
, xa que as festas do verán xa remataron. Ningún técnico forestal
aprobaría unha actuación destas características nesta época do ano.
Por todo isto, desde o BNG esiximos transparencia, respecto polo patrimonio natural, e a
paralización inmediata de intervencións similares sen aval técnico nin xustificación
de urxencia.