Susana Iglesias, portavoz de Xuntos polo Irixo, tras oficializarse o acordo que incorpora ao PP no goberno municipal "acabades de meter ao raposo no galiñeiro"

6, Novembro 2025

A corporación municipal do Irixo reuníuse esta mañá na primeira sesión de pleno que se celebra en varios e tamén a primeira que se convoca tras o acordo entre a alcaldesa Rosa María Dalama e o Partido Popular.

Precisamente, nesta sesión oficializouse ante o pleno a nova situación política no concello do Irixo, dándose conta ao pleno da delegación de competencias feita pola alcaldía a favor dos concelleiros do grupo popular, e o nomeamento como primeira tenenta de alcadesa de María José Villanueva, tamén concelleira do Partido Popular.

A exalcaldesa Susana Iglesias, e agora na oposición como portavoz do grupo “Xuntos polo Irixo” achegou á audiencia de COPE O Carballiño o seu punto de vista sobre esta nova etapa política.

Aquí podes escoitala: