Máis sobre a tertulia de Cope
Eu á tertulia de Cope doulle un aprobado, faise bastante amena e paréceme sorprendentemente (para o que se leva hoxe en dia nos medios) plural e representativa das distintas sensibilidades políticas e socias do Carballiño, a pesar da afinidade que a maioría dos intervintes teñen cos grupos do concello.
Boto en falta que se dedique máis tempo a outros concellos, onde tamén habería moito que comentar, por exemplo no meu que é Maside. Ésta é unha suxerencia para a propia emisora, porque a cope non solo se escoita no Carballiño senón que é a radio de referencia noutros concellos. Téndeo en conta, gañaría a tertulia.