O alcalde Valladares anuncia unha demanda do concello contra a empresa distribuidora polos continúos cortes na subministración eléctrica na vila de Cea

Os cortes no servizo de submistración eléctrica son recurrentes na capitalidade municipal do concello, na vila de Cea, cos conseguintes perxuízos para industriais, comerciantes, hostaleiros e veciñanza en xeral.
Varios oíntes desta emisora de radio manifestaron o seu malestar por esta situación na nosa programación local, a paciencia está ao límite, o a última incidencia rexistrada deixou a Cea sen suministro por máis de once horas, desde as 15:00 horas deste pasado mércores dia 11 ata entrada a madrugada de hoxe.
O alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares anunciaba en COPE O Carballiño a presentación dunha demanda do concello contra a empresa subministradora, e invitaba a todos os afectados a sumarse á mesma.
Escóitao aquí: