1 de Abril: O cribado do Irixo detecta 4 positivos e os contaxios soben a 9 neste concello. O Carballiño manténse con 18, Maside con 4, e Boborás, Leiro e Cea 1.

1, Abril 2021

O cribado realizado na tarde de onte no Irixo e no participaron 389 persoas do total das 500 que estaban citadas, servíu para detectar 4 casos positivos. Desta maneira, os contaxios activos son 9 neste municipio, no que a incidencia acumulada a 14 dias dispárase ata os 633 casos por 100.000 habitantes, de manterse esta incidencia siñificaría o peche perimetral do concello na próxima revisión do comité clínico, pasando ao nivel máximo de restricións.

O Carballiño mantén 18 contaxios activos, aínda que mellora un chisco no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa hoxe ata os 127 casos por 100.000 habitantes. 

Maside continúa con 4 contaxios activos, Boborás e Cea con 1, e libres de virus o resto dos concellos da comarca carballiñesa. No Ribeiro, Beade sigue á cabeza con 7 contaxios activos, Leiro ten 1 caso, e Avión ningún.