1 de Decembro: O Carballiño (+5) suma 81 contaxios activos. Sen nova incidencia no resto de municipios.

1, Decembro 2021

O Carballiño ralentiza hoxe o incremento de contaxios activos, que viña rexistrando unha media de incremento de 11 contaxios a diario dende o venres da pasada semana, hoxe o aumento quédase en 5 contaxios activos, ao pasar dos 76 de onte aos 81 que Sanidade notifica hoxe para o concello do Carballiño.

Non hai variacións nos datos do resto de municipios, que continúan resistindo con casos illados nesta sexta onda da pandemia, tan so Maside continúa con 8 casos. E tamén hoxe continúan ser ter casos activos de covid os concellos de Beariz, Boborás e Punxín.