10 de Xaneiro: As comarcas do Carballiño-O Ribeiro aproxímanse aos 1.000 contaxios activos de covid, dos que 461 corresponden a O Carballiño.

10, Xaneiro 2022

O incremento diario no número de contaxios non parece, de momento, chegar ao teito nesta sexta onda da pandemia en Galicia, tampouco no ámbito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro, que vai xa camiño de alcanzar a barreira dos 1.000 casos de covid.

O Carballiño chega hoxe aos 461 contaxios activos, son 61 máis en relación ao pasado venres. Maside continúa con 57 casos, Punxín 32, San Cristovo de Cea 30, San Amaro 28, Boborás 25, O Irixo 18, Piñor 9 e Beariz 8.

Leiro notifica hoxe lúns 25 contaxios, e Avión 12. No resto de concellos ribeiráns tamén se incrementou o número de contaxios durante a pasada fin de semana, con Ribadavia á cabeza superando xa os 150 contaxios.