11 de Novembro: O Carballiño baixa ao nivel 1 de alerta no Semáforo Covid e notifica hoxe 41 contaxios activos. Nos demáis concellos da comarca apenas hai variacións.

11, Novembro 2020

Este dia de San Martiño tamén chega con boas novas, por vez primeira dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño baixa ao nivel 1 de alerta (Cor amarela) no indicador con referencia aos últimos 7 dias, o que indica que durante a última semana rexistráronse entre 7 e 14 novos postivos confirmados por PCR,  situándose polo tanto a un paso da cor verde, que situaría a O Carballiño no nivel 0 de alerta.

En canto a contaxios activos, O Carballiño rexistra hoxe 41, cinco menos que onte. Nos demáis concellos da comarca, baixan os contaxios activos en Cea (-1) e queda con 7, Boborás (-1) (9), e Maside (-1) (2).

E mantéñense os casos de onte en Beariz (3) O Irixo (3) Piñor (6) Punxín (2) San Amaro (1)