1.304 persoas (65,2% de participación) acudiron este domingo ao cribado do Sergas no Carballiño. Nos test de antíxenos da mañá detectaronse 5 asintomáticos, e nos próximos dias coñeceránse as PCR feitas pola tarde.
Estaban citadas un total de 2.000 persoas na xornada deste domingo para acudir ao Pavillón de Deportes Paco Chao, para participar no cribado masivo organizado polo Sergas no Carballliño, con doble finalidade, detectar asintomáticos e recoller datos para avaliar a evolución epidemiolóxica actúal no municipio, que veu incrementando os casos de coronavirus no transcurso do último mes ata acadar este 31 de Xaneiro os 95 contaxios activos.
A esta convocatoria acudiron 1.304 veciños e veciñas do Carballiño, o que representa un 65,2 do total de persoas que foran citadas aleatoriamente polo Sergas mediante mensaxes SMS.
Nos test de antíxenos realizados pola mañá (633 en total) detectáronse cinco positivos asintomáticos. O resultados das PCR feitas pola tarde (666 en total) seránlle comunicados via SMS nos dous próximos dias no caso dos negativos, os que dean positivo recibirán a confirmación dende o Centro de Saúde do Carballiño.