14 de Decembro: Cuarto día consecutivo de baixada na Incidencia Acumulada de Covid no Carballiño, estabilidade nos datos de todos os concellos.

14, Decembro 2021

Pode que O Carballiño estea doblegando a curva de contaxios nesta sexta onda expansiva da pandemia, toda vez que por cuarto dia consecutivo baixa a IA  a 14 dias no municipio carballiñés, que chegou a alcanzar a pasada semana os 880 casos por cada 100.000 habitantes a pasada semana e sitúase hoxe martes 14 de Decembro nos 674 casos por 100.000 habitantes, unha incidencia en todo caso que continúa sendo moi alta. Os contaxios activos a dia de hoxe no concello do Carballiño son 110.

NO resto de municipios mantéñense estables os datos, con Maside á cabeza con 16 casos activos, San Cristovo de Cea con 9 e Beariz con 6. O resto de concellos manteñen casos illados, incluído Punxín, que viña resistindo libre de virus nos últimos meses e rexistra hoxe un primeiro caso nesta sexta onda da pandemia.