15 de Xaneiro: O Carballiño rexistra 40 contaxios activos (-1) Maside 3 (+1) O Irixo 3 (+1). Sen variacións no resto de concellos.

15, Xaneiro 2021

No primeiro dia de endurecemento das medidas no concello do Carballiño, o municipio ten hoxe un contaxio activo menos que onte, 40 casos de coronavirus no municipio, dos que 39 son novos contaxios rexistrados nos últimos 14 dias. Pola contra, aumentan un caso tanto Maside como O Irixo, que suben hoxe a 3 contaxios activos.

Non se producen variacións no resto dos concellos, que repiten datos no número de casos activos de Covid-19: San Cristovo de Cea (6) Boborás (2) Punxín (1) Beariz (0) San Amaro (0) e Piñor (0)