17 de Decembro: O Carballiño ten 102 contaxios activos, e Maside sobe ata os 21 casos

17, Decembro 2021

O Carballiño baixa a incidencia acumulada tanto a 14 como a 7 dias, e continúa con 102 contaxios activos, igual que onte e 18 menos en relación a fai unha semana atrás.

Maside continúa a tendencia ascendente e xa ten 21 contaxios activos, según esta última actualización de datos do Sergas. Tamén incrementan hoxe os contaxios activos Boborás, que chega aos 7 e San Amaro, que ten 6. Non hai variacións no resto de municipios, con Cea que permanece con 9 contaxios e Beariz con 6. Por debaixo dos 4 casos están o resto de municipios do noso ámbito comarcal.