2.200 persoas pasaron este pasado verán pola oficina municipal de turismo do Carballiño
O 30 de setembro pechaba a oficina municipal de Turismo da Alameda, co cal dábase por pechada a tempada estival na vila carballiñesa, cun saldo de visitantes censados de máis de 2.200, procedentes de distintos puntos da xeografía nacional e internacional. Os datos corresponden o informe relaizado polas dúas traballadoras que estiveron atendendo en dita oficina e, tal e como reflicten en dito informe, non recolle o número total de visitantes a O Carballiño durante o verao, xa que moitos dos que acudiron a vila e a bisbarra, non pasaron por dita oficina, e outros pasaron directamente polas dependencias municipais de Turismo.
Un ano mías a procendencia dos turistas a O Carballiño é maioritariamente da comunidade autonoma galega, despuntando tamén o turismo procedente de Madrid, Canarias ou Cataluña.
A maior demanda de información destes visitantes foi relativa o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, e, como non, sobre donde comer pulpo a feira, sen esquecer o interés dos visitantes o respecto do Balneario, Parque Etnográfico ou zona de camping municipal.
Detectouse tamen por parte das axentes de turismo a demanda dos visitantes de información sobre as actividades culturais e de ocio programadas dende o concello, así como o funcionamiento das piscinas municipales e as rutas de senderismo da zona.
Por outra banda, a situación xográfica do Carballiño, permitiu que moitos visitantes escolleran esta vila para, dende aquí, coñecer outras zonas de Galicia. Neste senso foron moitos os turistas que, aloxados no Carballiño, solicitaron información sobre zonas como as Ribeira Sacra, Santiago, as Cíes ou a praia das Catedrais. Esto indica como O Carballiño debe seguir potenciadose como un destino turistico perfecto para coñecer o resto de Galicia, o estar a menos dunha hora das principais capitais galegas, e dos principais puntos de interese para os visitantes doutras comunidades aoutónomas.
Dende a área de Turismo falouse tamen cos hoetis da vila, os que recoñeceron que fora un veran algo máis activo, con ocupación algo superior o ano pasado sobre todo no mes de agosto, destacando tamen que as estancias no Carballiño prolongaronse entre os 8 e os 15 días, “o que foi tamen mellor para a osteleria e o comercio local”.
Nese senso xa adiantou Dacal que estase a elaborar un paquete turístico en colaboura entre os hosteis, osteleria, comercio e Concello, no que se ofrezcan grandes ventaxas para os turistas.
O edil de Turismo sinalaba que “o balance do veran carballiñés creemos foi bo, tendo en conta estes datos da nosa oficiña municipal, os que debemos engadir un importante nùmero de turistas que se achegaron a O Carballiño para actos moi concretos, como a Festa do Pulpo, o Entroido de Verán ou as propias festas patronais, Xociviga e Fetega”.
Manolo Dacal aseguraba que “estos informes nos permiten programar xa a vindeira tempada de verán, coñecendo os puntos a mellorar, así como o que dememos seguir apostando por elas”. Dacal non deixaba pasar por alto as queixas rexistradas na citada oficiña de Turismo “xa que delas tamén podemos aprender para mellorar e ofrecer ainda mello a O Carballiño como principal destino turìstico do interior galego”.
Entre esos puntos a mellorar no apartado turistico estaría a mellora na sinalización das zonas como o camping, muiños, etc..os horarios de apertura de certos monumentos e lugares de interes como o museo etnográfico, ou a deficiencia das instalacións infantis do Parque Municipal”.
Todas estas queixas, afirmaba Dacal “están sendo xa analizadas e algunha delas subsanadas, como a limpeza nas zonas de maior atractivo turistico, e seguiremos arranxando estes pequenos erros para seguir medrando como destino turistico”.
Contas da Festa do polbo
Na mesma rolda de prensa Dacal diu os datos económicos da Festa do Pulpo 2015, nos que se destaca que o custe total da mesma foi de 135.501 euros, sendo a aportación económica do concello de tan so 45.226 euras, xa que o resto foi solventado cas aportacións da venda de entradas o recinto, 26.560 euros, a aportación da Xunta e o Inorde, 25.000 e 12.000 euros respectivamente, a aportación de Abanca, 11.000 euros, e o pago dos bares, minibares e postos de venta que sumaron, entre todos, máis de 16.000 euros. Con todo elo o recaudado para a festa foi de 135.501 euros, “polo que o balance non pode ser mellor, o que denota unha boa xestión municipal desta gran festa carballiñesa”.