24 de Xaneiro: Baixan os contaxios activos no Carballiño ata os 333, e tamén descende a incidencia acumulada. Pola contra, aumenta en Leiro e Avión.

24, Xaneiro 2022

O Carballiño ten hoxe 29 contaxios menos en relación á pasada fin de semana, quedandose con 333 activos. Tamén baixa a incidencia acumulada a 7 dias, que se queda hoxe nos 194 novos positivos diagnosticados no municipio carballiñés neste intervalo de tempo.

Unha incidencia acumulada a unha semana que sí se incrementa en Leiro, con 21 novos positivos, e Avión con 15. 

En canto contaxios activos, temos 46 en Maside, que volve poñerse por diante de Boborás, que baixa ata os 37.  Tamén baixan Cea, ata os 21 e Piñor, ata os 12. Sen cambios siñificativos no resto de concellos.