25 de Decembro: O Carballiño contabiliza 93 novos contaxios na última semana, record este ano. Tamén empeoran os datos Maside,Boborás, Leiro e San Amaro

25, Decembro 2021

O Carballiño suma 130 novos positivos nos últimos 14 dias, e deles 93 foron correspóndense cos diagnosticados na última semana, o que representa o record de contaxios no municipio de todo este ano 2021. Aínda asi, O Carballiño presenta mellores datos cos outros concellos da provincia de idéntica poboación, xa que tanto Verín como O Barco de Valdeorras superan a O Carballiño tanto en número de contaxios como en incidencia acumulada.

Maside continúa sendo o concello da comarca cunha máis alta incidencia dacorde á súa poboación, con 33 casos nos útimos 14 dias, deles 22 na última semana. Tamén comeza a ser siñificativa a incidencia en Boborás. con 16 novos contaxios nos últimos 14 dias, dos que 11 foron diagnosticados na úlitma semana. Tamén son  relevantes os datos en Leiro, que presenta 12 novos positivos nos úlitmos 14 dias dos que 8 correspóndense aos diagnosticados esta semana, e  de San Amaro, con 11 novos positvos no indicador a 14 dias, deles 7 diagnosticados na última semana.

Non se observan incrementos no resto de municipios, con tan so Piñor, que permanece libre de virus e sen que houbese notificado ningún contaxios nas últimas dúas semanas.