2.500 persoas manifestanse no Irixo contra a incineradora

7, Xaneiro 2012

A tarde estaba expléndida de sol de inverno, e pasadas as 3 da tarde xa comezaba a notarse ambiente de manifestación no entorno do Abanico, nas inmediacións da capitalidade municipal do Irixo, finalmente, arredor de 2.500 persoas responderon á chamada da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Con 20 minutos de retraso sobrre o horario previsto partía a marcha pola estrada autonómica O Carballiño-Lalín, que abría unha gran pancarta portada polos membros da Cordenadora. Entre os manifestantes, caras coñecidas da política autonómica como o Ex-Conselleiro e Deputado do BNG Alfredo Suárez Canal, as tamén deputadas Maria Quintas do PSOE e Tareixa Paz do BNG, asi como os Alcaldes de Ribadavia, Piñor e Maside, os 3 socialistas. Outros, chegados desde máis lonxe, como o Alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega. 

A marcha trancurríu sen incidentes e a altura da Vivenda familiar do Alcalde do Irixo un grupo de manifestantes situaron un colector de lixo á entrada da casa, mentres se repetían algunhas das consignas máis escoitadas "Penedo escoita, O Irixo está en loita", "queremos traballar e non apestar" ou "que este goberno arda no inferno".  A comitiva foi avanzando atá a Praza do Concello do Irixo, onde agardaban algunas persoas "esperábase máis xente" decian algunhos. O Certo,  é que a manifestación foi un éxito para os organizadores, que falaban de 5.000 asistentes, en todo caso unha cifra de manifestantes superior á actual poboación do municipio do Irixo, que está por debaixo dos 2.000 habitantes. Certo é tamén, que a gran maioria dos manifestantes chegaron desde fora do Concello, aínda que desde o propio municipio a participación tamén foi relevante, sobre todo dalgunhas parroquias, como a de Loureiro.

Ao final do acto, un representante da Coordenadora Veciñal agradeceu "a presencia dos que antepoñedes a ética e a honradez aos intereses económicos". O escritor Luis González Tosar foi o encargado de dirixirse ao público que enchia a Praza do Concello do Irixo  "teño falado en moitos auditorios, pero nunca me sentín tan honrado coma hoxe, como aquí, entre a miña xente, non podemos fallarlles os que están enterrados nos 11 cemiteiros das 11 parroquias do Concello", parroquias que foi nomeando unha a unha.

Tras varias referencias ao Alcalde e 1º  Tenente Alcalde "temos detrás nosa dous traidores na historia do Irixo" González Tosar preguntouse "quen é o parvo que cámbea a súa saúde e a da súa familia por clasificar basura, traicionaronnos, e non imos ser vendidos por dous traidores,  a partir de hoxe non recoñecemos ao Señor Penedo como Alcalde do Irixo",  palabras que foron seguidas desde o público con berros de "Penedo dimisión".  Finalmente, proclamou que "desde que a humanidade é humanidade David sempre soubo enfrontarse a Goliat, vencerémos".