27 de Outubro: Manténse o descenso de contaxios activos no Carballiño (-9) Boborás (-2) O Irixo (-1) Estabilidade no resto dos concellos, con Cea á cabeza con 19 casos

27, Outubro 2020

A actualización de datos da evolución da pandemia deste martes dia 27 de Outubro continúa a tendencia dos últimos dias, reducindose o número de contaxios activos no Carballiño, 9 menos ca onte, polo que baixa a cifra aos 157 casos, 31 menos en relación a unha semana atrás. Tamén Boborás baixa outros dous contaxios activos e quédase con 25, son 7 menos en relación ao pasado dia 23 cando se alcanzou o pico de contaxios neste municipio con 32 casos.

O Irixo desconta outro caso, dos 5 de onte aos 4 de hoxe, un bo dato que podería levar ao comité clínico a propoñer que abandone as restricións de mobilidade vixentes neste municipio. Pola súa parte, San Amaro volve rexistrar un contaxio, onte aínda se mantiña libre de virus.

E sen cambeos no numero de veciños con infección activa de Covid 19 nos concellos de Cea (19) Beariz (6) Maside (3) Punxín (3) e Piñor (1)