3 de Febreiro: Baixa a incidencia acumulada a 14 dias no Carballiño por primeira vez en 2021, e os contaxios activos soben aos 109

3, Febreiro 2021

Por vez primeira dende dende que entramos en 2021 a incidencia acumulada a 14 dias, esto é, os novos casos de Covid diagnosticados mediante probas de infección activa neste intervalo de tempo, baixa levemente no concello do Carballiño, pasando dos 101 casos que reflectía onte este indicador que manexa o Sergas aos 99 casos neste mércores dia 3 de Febreiro.

Pero soben os contaxios activos, 4 máis que onte no Carballiño, que alcanza un novo record nesta terceira onda da pandemia, con 109 casos. Tamén incrementan casos activos San Amaro (+1) (4) Cea (+1) (11) e Punxín (+2) (3). Baixa Maside (-1) (23) e repiten dato de persoas con infección activa Boborás (14) Beariz (3) Piñor (2) O Irixo (1)